Contacta con nós

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Chegamos ao insti: Novo foro en edixgal para plantexar dúbidas sobre a ESO

Boa tarde a todos/as
Esta entrada vai dirixida ao noso querido alumnado de sexto. Achégase o cambio de etapa e levo moito tempo pensando en vós.  

Ante esta situación de confinamento,gustariame saber principalmente como  vos sentides con respecto ao paso ao instituto  nesta situación tan estraña e excepcional.

Tamén qué sensación vos produce non poder despedirvos dos vosos/as compañeiros/as e profes.

 A min persoalmente dame moita pena e sei que aos vosos profes tamén.

Sería normal sentir tristeza, melancolía, temor...Recordade que non hai emocións positivas ou negativas. Todas elas son igualmente válidas e útiles.

Compartilas cos demáis axudan a identificar cómo nos sentimos. Tamén supón un   alivio, ao ser conscientes de que é algo compartido e lle sucede o mesmo a unha gran maioría. 
Quixera compartir un curto que quizáis vos inspire . 
Qué pensades de Pipper? Algúen se sinte identificado con esta  persoaxe ?
Quixera recordar tanto ao noso alumnado como ás súas familias que tendes á vosa disposición un foro na plataforma edixgal que pretende ser un espazo de encontro onde poidamos aclarar dúbidas sobre o insti así como compartir posibles inquedanzas e preocupacións.
   Moitos/as dos vosos compañeiros/as xa están participando.
 Espero que pouquiño a pouco vos vaiades presentando todos.
Sempre é unha alegría saber de vós!😀

 

Comentarios

Entradas populares