Contacta con nós

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Propostas para o día do libro: Contacontos, audiolibros, enigmas e moita maxia no mundo de Harry Potter

Bo día!
Este 23 de abril festexamos un Día Internacional do Libro moi  especial. Sen embargo,  o confinamento non é un inconvinte para poder desfruta da lectura, máis ben ao contrario. Estes días, os libros  acompáñanos máis ca nunca e supóñen un bálsamo para a ialma.
Para que aproveitedes  ao máximo esta celebración hoxe e cada día , deixámosvos varias propostas:

1) Proposta de libro- xogo baseadao no libro "Enigmas". Atrevédevos a participar?



2) Contacontos de Kalandraka. Neste enlace CONTOS CONTADOS PARA VER NA CASA poderedes desfrutar dunha gran variedade de contos para todos os gustos e idades.  Estade atentos , seguro veredes moitas caras coñecidas!

3) Colección gratuita de audiolibros de amazón , dispoñibles en 6 idiomas diferentes: Audiolibros 

4) Para finalizar, os fans de Harry Potter estades de noraboa. A escritora J.K. Rowling anunciou “Harry Potter at Home”, unha  iniciativa para a cuarentena que pon a disposición dixital os sete libros de Harry Potter, incluíndo lecturas de diferentes niveis, adaptadas aos máis pequenos así coma videos, crebacabezas e concursos na páxina web wizardingworld .Nós xa temos o noso pasaporte. Queredes conseguir o voso? É moi faciliño!

Comentarios

  1. Con ganas de seguir resolvendo enigmas!! Teremos que compralo libro!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Canto me alegro! 💜Moitas gracias polo voso entusiasmo! 🤗

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares