Recursos para traballar en familia a autoconciencia emocional
INTELIXENCIA EMOCIONAL 1: AUTOCONCIENCIA
É indispensable que os nenos e nenas recoñezan as suas emocións co fin de poder chegar a xestionalas. En moitos casos non saben realmente o que lles está a ocorrer e precisan da nosa axuda. Os principais obxectivos que se pretenden conseguir son:
- Identificar as distintas emocións que podemos sentir.
- Recoñecer as nosas fortalezas e limitacións.
- Aprender a expresar as nosas emocións.
Neste apartado aportaremos variedade de recursos que nos axuden a traballar a autoconciencia:
VÍDEOS:
Cómo introdución , ninguén mellor que Mar Romera, docente e experta en educación emocional ,para falarnos da importancia de educar en emocións.
En segundo lugar, un segundo vídeo da mesma autora, que explica a importancia de axudar aos nosos fillos a mellorar o seu autoconcepto.Non se trata tanto de decirlle que son bos en todo porque esa idea non sería realista, senón de darlle a oportunidade de coñecerse a si mesmos, co fin de que poidan descubrir os seus puntos fortes e as suas limitacións.
Unha maravillosa forma de facelo é a través do xogo e fomentando autonomía nas tarefas do día a día. Aproveitemos este tempo de confinamento para explorar o que lles gusta e se lles da ben: cociñar,escribir, patinar...
E sobre todo, o máis importante: "Queirámolos/as polo que son , e non polo que deberan ser".
CONTOS:
"El monstruo de colores": É unha historia sinxela e divertida, escrita por Anna Llenas perfecta para introducir aos cativos e maiores na linguaxe das emocións.
Trátase dun montro que se ergue un bo día, feito un lío , sen saber que lle ocorre e conta cunha amiguiña que lle axuda a poñerlle orde ás suas emocións.
"Paula y su cabello multicolor": A través das transformacións no cabelo de Paula , a autora, Carmen Parets Luque, vainos mostrando as diferentes emocións polas que atravesa a protagonista. A partires da lectura do libro podemos falar de como se sinte Paula e porqué. Tamén podemos compartir en familia como nos sentimos ao longo do día. Os máis artistas quizáis se animen a facer un debuxo, coloreando o seu cabelo donde reflexen a través da cor como se sinten. De seguro que se vos ocurren moitas máis fortes de sacarlle partido. Imaxinación ao poder!
"El punto": É un precioso relato de Peter H. Reynolds que aborda un dos obstáculos cos que a familia e os docentes nos atopamos con frecuencia que é a reticencia dos/as nenos/as a intentar facer determinadas tarefas. Esa actitude esconde polo xeral unha inseguridade e desmotivación, por creer que non serán capaces de conseguilo. Para o alumnado e os/as nosos/as fillos/as en moitos casos, é máis doado decir "Non quero", que asumir "Non sei", ou "Teño medo a fracasar". A través do libro, podemos falar do autoconcepto, e de como a emoción do medo e o fracaso , ás veces nos limita.
Os adultos de referencia que comparten a lectura, podemos poñer exemplos de situacións nas que sentimos inseguride e medo a afrontar unha actividade. Falaremos da satisfacción que sentimos cando logramos facer algo novo, que apriori pensamos que nunca seriamos capaces.
Non sei se é o voso caso, pero eu coñezo a máis dunha persoa que se sentiu gratamente sorprendida de ver que foi quen de cociñar un postre exquisito, aprender a debuxar ou a patinar nesta cuarentena. Quizáis antes nunca o conseguira, porque nunca lle adicou tempo a intentalo 😉
" O emocionario": Poderiamos decir que se trata dun diccionario de emocións. Lamentablemente non podemos acceder ao libro de forma gratuita pero compartimos unha presentación do mesmo ,que atopamos no canal de youtube "Mi brújula de cuentos" para que vos fagades unha idea de en qué consiste. Sinceramente, consideramos que é un libro moi recomendable para toda a familia. Á súa vez, a Editorial, Palabras Aladas, na súa páxina web, permítenos descargar diverso material gratuito que nos da pautas de como sacar partido ao libro, así como videos donde podemos ver exemplos de como utilizalo. A miña experiencia de uso na aula é realmente moi positiva. Destacaría moitos puntos a favor, en especial: O alumnado aprende a identificar as emocións. É consciente de que non hai emocións positivas e negativas. Sinte alivio ao darse conta de que todos e todas, sentimos algunha vez vergoña, medo,enfado, envidia e frustración. Tamén se sorprenden de identificar como diferentes emocións que consideraban sinónimas, como a envidia e os celos.Tamén se fan conscientes de que hai emocións engañosas, que o enfado, moitas veces , agocha tristeza.
Na actualidade, tendo en conta que estamos a pasar unha situación nova para todos, compartir o que sentimos cos nosos compis de aula, familia, profes contribue a xestionar mellor as nosas emocións.
Preme no enlace para acceder : Material e videos da Editorial Palabras Aladas descargables de forma gratuita
"Amar": A mesma editorial, palabras ALADAS, nos agasalla o seu libro amar en versión pdf. Así nolo contan: "Nesta complexa cuarentena polo coronavisus, nos gustaría botarche unha man. Regalámosche o lib ro amar , e che propoñemos algunhas ideas para que a convivencia en familia sexa armónica. E para que o teu fillo/a disfrute na casa, mentras explora o mundo das suas emocións, desarrolla ferramentas para acadar os seus soños e aumenta a sua empatía".
Descarga gratuita do libro |
DINÁMICAS E XOGOS: "Dominó dos sentimentos":Para xogar na casa e poñer en práctica os nosos coñecementos en emocións. Descargar arquivo "Dominó dos sentimentos" "Ruleta de emocións": É unha actividade moi sinxela. Só precisaremos un lápiz, papel ou cartón, e un obxecto redondo para trazar un círculo. A continuación debuxaremos unha frecha que servirá de marcador. Dividiremos o círculo en varias partes. Dependendo da idade dos nenos/as incluiremos máis ou menos divisións. Escribiremos dentro de cada sección o nome dunha emoción, a poder ser cun debuxo ou cor que a represente. Os máis maiores, poderán incluso no reverso , escribir unha breve descrición de cada emoción (usando o emocionario ou outro libro similar ). Na parte central poremos unha chincheta ou cravo que enganche a frecha. Ben sexa na aula, ou na casa, deberá estará colocada nun lugar visible, e destinarase un tempo a revisar a ruleta , no que falaremos en asamblea de cómo nos sentimos. Ideas fundamentais: - Non hai emocións positivas ou negativas. - Todos e todas nalgún momento sentimos esa emoción. - Non duran para sempre: Ao longo do día a frecha vai cambiando. Facernos conscientes nestes momentos de confinamento, que o enfado, tristeza, medo e angustia non duran para sempre, faranos sentir máis optimistas. Moi importante: - Crear un clima de confianza no que todos e todas nos sintamos libres de expresarnos. O ideal é que os adultos poñamos exemplos de momentos de medo, enfado, vergoña, para que os cativos se animen a contar. - Validar as emocións: Todas son valiosas e cumpren unha función. Por exemplo, o enfado, fai que nos revelemos ante unha inxustiza e defendamos por exemplo a un amigo. Nas noticias vimos exemplos positivos nos que veciños, moi enfadados polo trato que recibiron algúns sanitarios ou persoal do supermercado, no seu vecindario, decidiron escribir cartas de apoio e ánimo. Sempre e cando o expresemos dunha forma axeitada non supón un problema. O mesmo ocorre coa emoción do medo. Agora mesmo, ten unha función protectora moi importante, xa que nos protexe contra o covid. É precisamente polo temor de contraer a enfermidade nós ou os os nosos seres queridos que tomamos medidas de prevención. - Analizar en que situación ou contexto se producen, é dicir, que fixo que nos sentísenos en calma, ou tristes? Detectar en familia e/ou na aula hábitos que promovan emocións agradables, axudaranos a ter recursos para afrontar e xestionar as nosas emociósn. Exemplo: Se hoxe me atopo máis nervioso/a e son consciente de que estiven máis pendente das noticias e redes sociais, é probable que iso nos influa. Se nun momento de nerviosismo e medo, facer deporte, contar chistes, ou cociñar me relaxa, acordareime de que é algo que podo facer a próxima vez para sentirme en calma. →Imaxes de ruletas que vos poden inspirar: Descargar modelo de ruleta para imprimir |
Comentarios
Publicar un comentario