Novas con respecto ao proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar
Estimadas familias e compañeiros/as:
No portal da consellería de Educación están colgados os Novos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) no ámbito educativo (Resolución do 5 de maio de 2020, DOG de hoxe) que fai referencia ao proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2020/21 e á presenza de persoal administrativo no centro a partires da vindeira semana.
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
- Publicación de Listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
- Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados dende o seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
- Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 de Xuño de 2020.
→Con respecto á presenza de persoal de persoal no centro, queda como segue:
- A partir do 11 de maio é obrigatoria a presenza no centro de, polo menos un membro do equipo directivo no horario habitual do centro en xornada de mañán.
- Nos centros en que exista persoal administrativo é obrigaroria a presenza dos mesmos/as nos días en que estableza a dirección do centro para atender todos os trámites derivados do proceso de admisión e outros procedementos.
- Dende a mesa data é obrigatoria a presenza do persoal de limpeza para a realización de tarefas de limpeza e desinfección.
- Continúa en suspenso a actividade educativa presencial en todos os centros e etapas, ciclos , graos e niveis de ensino.
- Continúan a manterse as actividades educativas a través da modalidade a distancia en liña, sempre que resulte posible.
Un cordial saúdo,
O Departamento de Orientación
→ Non dubidedes en poñervos en contacto con nós a través do formulario de contacto se precisades algunha aclaración ou axuda ao respecto.
→Para máis información, poderedes acceder ao documento completo na seguinte ligazón: Resolución do 5 de maio de 2020
Comentarios
Publicar un comentario