RECURSOS PARA TRABALLAR O CONTROL E XESTIÓN EMOCIONAL
INTELIXENCIA EMOCIONAL 2: CONTROL E XESTIÓN DE EMOCIÓNS
Cando
falamos de Control emocional, inmediatamente veñen á nosa mente
palabras como "Relaxación", "Mindfulness", "Ioga", que sen dúbida
contribuen significativamente a manter unha boa saúde mental cando
forman parte das nosas rutinas de vida. É por iso que compartiremos
neste apartado recursos relacionados con estas prácticas pero a idea
máis importante que nos gustaría transmitir con este post é que a clave
para chegar a "controlar", "xestionar" as nosas emocións está en identificar cómo nos sentimos,(tal e como xa falamos no
post anterior, identificación de emocións), co fin de facernos conscientes
que é o que nos está afectando realmente,e na medida do posible actuar non nos síntomas , senón na orixe do problema.
Poñamos
como exemplo unha situación na que estamos moi enfadados: que algúen
nos diga que respiremos ou nos calmemos, lonxe de contribuir á calma,
produciranos un enfado maior. Sen embargo, se exteriorizamos o enfado,
nos sentimos escoitados, comprendidos, e aceptamos esa emoción,
progresivamente iremos atopándonos mellor. O enfado é tamén unha
resposta emocional necesaria. Aceptar non implica resignarse,nin que
estemos dacordo cunha determinada situación que consideramos inxusta,
senón
estar dalgunha maneira en paz cun mesmo.
Controlar,polo tanto, non é sinónimo de negar. Non
podemos evitar sentir emocións. Están presentes no individuo porque
cumplen unha función evolutiva, un sentido de supervivencia. Se os nosos antepasados non tiveran medo diante dun león, o ser human non existiría hoxe en día.
Sabíades
que a amídala é a parte do noso cerebro encargada de disparar as
emocións?É como un interruptor que se encende de forma inmediata,cando
detecta un perigo inminente. Por iso é difícil controlala : significaría
anular unha resposta para a que estamos programados xenéticamente.
Sentir medo, polo tanto, non é de cobardes. Na actualidade, o medo , ante esta situación de pandemia cumple unha función clara: Supervivencia. É unha resposta automática que sentimos ante unha ameaza. Se non sentísenos medo ao contaxio, non tomaríamos medidas de protección.
Na
maioría dos casos, identificar a emoción que sentimos e exteriorizala
cun amigo e/ou amiga contribue significativamente a sentirnos mellor.
O mesmo lle ocorre aos nosos/as fillos/as e alumnos/as.O recurso máis
doado, de fácil preparación, e sen dúbida o máis efectivo, para
"xestionar e controlar as nosas emocións" é o respeto, cariño, e
comprensión da xente que nos rodea unido ao contacto coa natureza, así
que agora que podemos saír, deámoslle prioridade a estes dous aspectos.
Conforme
avanzan os días, o confinamento pesa. Esa euforia inicial asociada
incluso a un periodo vacacional no que as familias tentamos poñer todo
da nosa parte para animar aos cativos/as e entretelos, deu lugar nun
alto número de casos a insomnio, irascibilidade, angustia e
preocupación. É normal. Non podemos pretender finxir que non pasa nada,
cando sí pasa. Os nenos e nenas foron privados da súa parte social,
zascarrillos de recreo e parque con amigos/as, xogo ao aire libre, sendo
vital para o seu equilibrio emocional. Polo tanto, se percibimos que
éstes manifestan cambios no seu comportamento,e as temidas "rabechas"
son máis frecuentes, intentemos na medida do posible entendelos,
profundizar no que lles está pasando, animémolos a exteriorizar o que
sinten e validemos as suas emocións.
Sentirse
comprendidos, que papá e mamá,a/o profe, lles digan que a eles lles
pasa o mesmo, que forma parte dunha fase que vencerán xuntos/as, fará
que se queden máis tranquilos. Fagámoslle saber que están sendo uns/unhas
auténticos/as campeóns, que o están facendo xenial, promovamos o sentido do
humor e o optimismo, pero, ollo, digámoslle tamén que ter momentos
malos forma parte da vida, digámoslle que é normal que estén enfadados
por non poder xogar libremente na rúa, tristes por non poder ver aos
avós e amiguiños/as,por non poder dar esas apertas que tanto desexan,
que papá e mamá intentan suplir a parte social dos compis de cole, tamén
de profes, pero que entendemos que non é o mesmo.
Observaremos
como ao sentirse comprendidos se animarán a exteriorizar o que sinten e
desa forma o estado de ánimo cambiará, e aínda que non se esfumarán, é
moi probable que os momentos de ira, enfado diminúan. Poucas cousas
unen máis a un adulto (pai, nai, mestre) cun neno/a que compartir con eles/as as súas inquedanzas e emocións.
Os obxectivos que se pretenden acadar ao traballar o control
Os obxectivos que se pretenden acadar ao traballar o control
emocional son os seguintes:
- Adquirir hábitos e estratexias que contribuan a mellorar a
autorregulación emocional.
autorregulación emocional.
- Poñer en práctica técnicas específicas de relaxación, respira-
ción e autocontrol adaptadas ás nosas necesidades.
ción e autocontrol adaptadas ás nosas necesidades.
- Mellorar a tolerancia á frustración.
- Adquirir estratexias para potenciar o pensamento positivo.
VÍDEOS:
Compartimos varios vídeos da psiquiatra Anabel Gónzález que consideramos valiosos para xestionar emocións nesta situación de excepcionalidade por COVID . Especialmente indicados para os adultos. Non podemos esquecer que as emocións son contaxiosas e actuamos de modelo para os nosos pequenos/as. É un acto de responsabilidade coidarse. Coidémonos. Coidemos a nosa linguaxe.
- " Manuel de supervivencia emocional para o covid 19".
Intereseante reflexión sobre as distintas reaccións emocionais ante o covid. "Permitámonos sentir. Permitámonos soltar.Cómo o enemigo é invisible podemos buscar a alguen a quen odiar, pero todos temos o mesmo enemigo". Xuntos podemos. Xuntos seremos máis fortes.
- "Está ben ter medo". Vídeo que nos fala dos dous extremos do medo: Consecuencias e pautas de como afrontalo.
-"Pararnos a sentir". Anular as nosas emocións nunca é unha opción.
- "Facer fronte á rumiación": Cando lle damos voltas e voltas aos mesmos pensamentos .
- Cómo aprender a respirar de modo efectivo para calmar as nosas emocións.
- " Cómo enfadarnos ben": Xestionando a ira e rabia de forma productiva
Está
demostrado que o ioga e a meditación son moi eficaces para previr os
pensamentos negativos repetitivos e non só mentres meditas, senón tamen a
longo prazo. Meditar de forma regular e respirar correctamente poden reducir a intensidade das emociones negativas cuando estas aparecen.
Sabedes o que significa "mindfulness"? A palabra provén do inglés, e significa , literalmente, "estado mental", pero podemos traducila ao galego como "conciencia plena"ou "atención plena".
Aproveitemos a oportunidade que temos agora de poder saír, para reencontrarnos coa natureza. Non hai mellor práctica de mindfulness que ésta. Cómo están sendo as primeiras experiencias no exterior? Somos máis conscientes do son dos paxariños, do cambio estacional, do pracer de respirar aire puro, do primeiro baño ou contacto coa area.... ? É moi probable que exploremos o noso redor cunha mirada diferente, e apreciemos e valoramos cores, sons e texturas nunca percibidas anteriormente. Animádevos a compartir esas sensacións en familia . Os maiores expertos en mindfulness son os nenos e nenas. Seguídeos e eles vos guiarán. Son auténticos expertos en vivir no presente.
A continuación presentamos varios recursos específicos para poder poñer en práctica estas disciplinas:
-" Ioga en familia: Sol y luna" (Yaiza. Centro de ioga e mindfulness Yaiyoga)Sabedes o que significa "mindfulness"? A palabra provén do inglés, e significa , literalmente, "estado mental", pero podemos traducila ao galego como "conciencia plena"ou "atención plena".
Aproveitemos a oportunidade que temos agora de poder saír, para reencontrarnos coa natureza. Non hai mellor práctica de mindfulness que ésta. Cómo están sendo as primeiras experiencias no exterior? Somos máis conscientes do son dos paxariños, do cambio estacional, do pracer de respirar aire puro, do primeiro baño ou contacto coa area.... ? É moi probable que exploremos o noso redor cunha mirada diferente, e apreciemos e valoramos cores, sons e texturas nunca percibidas anteriormente. Animádevos a compartir esas sensacións en familia . Os maiores expertos en mindfulness son os nenos e nenas. Seguídeos e eles vos guiarán. Son auténticos expertos en vivir no presente.
A continuación presentamos varios recursos específicos para poder poñer en práctica estas disciplinas:
Se
nunca practicastes ioga na casa, pode resultar difícil incorporalo de
súpeto. Son consciente de que nos sentimos abrumados con tantos
consellos que chegan pola redes, e quizáis agora non é o momento de
crearnos máis presión innecesaria, tentando cambiar drásticamente as
nosas rutina. Sen embargo, se tendes un momentiño
recoméndovos que lle deades unha oportunidade ao ioga a través deste
vídeo. Especialmente recomendado , ao final do
día, para calmar a mente, fomentar vínculo positivo entre adulto e o /a
neno/a, deixando atrás as posibles tensións vividas durante o día e irnos cun sorriso para a cama.
O feito de que no vídeo apareza
Yaiza e o seu fillo, é mois motivador para os/as nenas, xa que actúan de
modelo positivo ao que imitar. Animádevos a facer comentarios se o
probades. Que sodes máis sol ou lúa? En qué momentos credes que é máis
importante actuar como sol, ou como lúa?😊
- Saúdo ao Sol cantado para nenos/as". Artista: Paula Acuña. Álbum: Minipadmini.
Moi recomendado para introducir aos cativos e non tan cativos na práctica do ioga de forma lúdica e divertida. Contribúe a mellorar o ánimo, a concentración, traballar a coordinación e adquirir dende pequenos estratexias de "control emocional".
- Na primeira versión visualízanse os movementos do saúdo ao sol, que podedes aprender en familia.
- Neste vídeo poden escoitar a mesma canción con diferentes velocidades. Na versión rápida as risas están aseguradas! 😃
- "Saúdo á lúa" para nenos/as
- "Ioga para nenos/as coa vaca Ommmmmm". Explica de forma lúdica os efectos do estrés e ofrece o secreto para combatilo.
- Técnica da respiración: "El hechizo de la conejita". Autora: Anamasté. Indicado para Educación Infantil.
-"Técnica da flor da armónía". Combina técnica de relaxación con manualidades.Indicado para Educación Infantil.
- Tarxetas con posturas de ioga imprimibles:
Para descargar preme na seguinte ligazon
Para descargar preme na seguinte ligazon
- Audioconto "Respira ", de Ane Castel Blanco.
Con este conto os nenos e as nenas poderán aprender de maneira sinxela e divertida a respirar de diferentes formas. Animádevos a probar a técnica que mellor vos resulte. Pola casa decidimos aprender a elaborar un barquiño de papel, e o momento de elaboración supuxo en sí mesma unha volta á calma, tan necesaria estes días. Para esas familias que tendes iusión por introducir as letras,co nenos moi pequenos, de forma lúdica, este conto é fabuloso para aprender as vogais: Cada unha soa nun lugar diferente do noso corpo.
- "Ioga para pequeñitos":
Un orixinal e divertido álbum para que os nenos máis pequenos aprendan a relaxarse imitando as diferentes posturas de ioga. O libro repasa as posturas (armadillo, mariposa, crocodilo , can ) e ilústraas de forma moi clara e sinxela, para que aos nenos/as non lle supoña ninguha dificultade imitalas.
- Libro "Juegos mindfulness":
Os Xogos mindfulness son unha forma marabillosa de fomentar nos nenos/as a capacidade de concentración á vez que se lles ensina a regular as súas emocións e a responder a calquera situación con serenidade, bondade e compaixón.
O libro inclúe 60 xogos fáciles e accesibles que axudan a integrar a atención plena na vida diaria.
Estas divertidas actividades, desenvolvidas e probadas durante moitos anos de traballo con nenos/as e familias, están deseñadas para os máis pequenos, pero poden resultar igualmente atractivas e transformadoras para os mozos e os adultos.
A autora anima a pais, nais e coidadores/as a que xoguen eles tamén, xa que se potencian a súa propia concentración, equilibrio e compaixón exercerán un poderoso efecto ao seu ao redor, especialmente nos nenos/as.
- "Técnica da tortuga" Audioconto para traballar o autocontrol emocional .
- Un padlet de retos para combatir o estrés:
Preme para acceder ao enlace |
CONTOS PARA PARA XESTIONAR DIFERENTES ESTADOS EMOCIONAIS.
A editorial TEA ten unha colección de contos fabulosos que proporcionan recursos para aprender a lidiar con diferentes estados emocionais. Teñen un formato moi motivador, con pautas para adultos. Especialmente recomendados neste momento tendo en conta as necesidades detectadas son:
- ¿Qué puedo hacer cuando estallo?:
Preme no enlace para descargar version pdf do libro |
- ¿Qué puedo hacer cuando me preocupo demasiado?:
PREME NO ENLACE PARA DESCARGAR LIBRO EN PDF |
Comentarios
Publicar un comentario