"Unha mente en calma trae forza interior e confianza nun mesmo, por iso é moi importante para a boa saúde" Dalai Lama
Moi bo día!
Cómo vos atopades? Imaxino que a estas alturas a cuarentena empeza a pesar. Son tempos difíciles nos que nos sentimos moi vulnerables porque está en xogo o máis importante, que é a saúde dos nosos seres queridos.
É moi probable que a obsesión por limpalo todo na casa, ordenar, redecorar, cociñar e poñernos ao día en todas esas cousas que tiñamos pendentes deu lugar nalgún caso á desidia, desinterés e fatiga. Se é así, escoitade ao voso corpo e permitídevos un descanso.
Asimesmo, é importante que nos poñamos na pel dos nos@s fillos e empaticemos con el@s. Haberá días que estén máis receptivos e colaboradores pero é moi probable tamén que o seu comportamento sexa máis irascible, mostren reticencia a facer tarefas escolares e as tensións na convivencia aumenten.
Compartamos as nosas sensacións e emocións cos máis pequenos. Fagámoslle saber que papá e mamá tamén se sinten máis tensos do normal e que xunt@s podemos buscar diferentes formas de relaxarnos e animarnos.
É moi probable que se perciben a nosa empatía e rompemos dalgun xeito a rutina de familia simplemente para falar e comunicar as nosas emocións de forma efectiva, obteñamos unha resposta positiva e averiguemos que se esconde detrás desa rabia e anoxo.
Qué vos parece se buscades en familia formas de romper coa rutina co fin de previr ou romper cos momentos de tensión? Moitas veces temos a idea que a calma se consigue con ioga e meditación, pero non exclusivamente, nin a tod@s nos funciona o mesmo.
Animádesvos a compartir con tod@s as vosas experiencias? Quizáis un clube da comedia familiar? Coreografía musical? Pelexa de cóxegas? Contar anécdotas de cando papá e mamá eran pequenos? Moldear plastilina? Contacontos? Manualidades? Costura? Recuncho da calma?
Ao longo desta semana continuaremos compartindo varios recursos sinxelos para axudarvos a traballar as emocións en familia. Empezaremos esta semana cunha recopilación de vídeos de relaxación guiada que Elsa Punset xenerosamente recopilou para tod@s nós.
Unha aperta enorme!!!!!
Comentarios
Publicar un comentario