Servizos Sociais de Atención Domiciliaria durante o estado de alarma
Bo día!!!
Continuando na liña de traballo en rede e coa intención de poder acompañar nestas circunstancias tan complexas á totalidade do noso alumnado, gustarianos facer un recoñecemento especial á labor que está a desenvolver o persoal de Servizos Sociais do Concello de Carballo co que o Departamento de Orientación mantén unha coordinación máis estreita ca nunca durante esta época de confinamento.
Se tedes coñecemento de familias que se atopen en situación de vulnerabilidade ou necesidade,
ponte en contacto co Departamento de Servizos Sociais no 981 704 706 ou envianos unha mensaxe e faremos chegar a vosa demanda
. Teñen servizo de entrega de alimentos e/ou medicamentos a domicilio,
así como de atención psicosocial e psicolóxica via telefónica.
A vosa colaboración é moi importante💙
Comentarios
Publicar un comentario