Creemos redes de apoio.Camiñando xuntos, chegaremos máis lonxe
A cuarentena non debera ser unha carreira a contrareloxio, para ver quen pode facer máis. Aproveitemos a parte positiva de que o tempo se deteu, para saborear a vida. Baixemos o ritmo, compartamos tempo de calidade cos noso/as, centrémonos máis no ser, e menos no facer.

Non ten porque ser o mellor amigo ou amiga.Poidera tratarse de algún ou algunha compi de clase que por circunstancias non teña conexión a Internet, estea máis desconectado do grupo e precise da túa axuda.Quizáis algún membro da súa familia traballe máis ca nunca, por mor do coronavirus, bote de menos á súa mamá ou papá e unha mensaxe poida animarlle o día. Ou simplemente para mandarlle moitiiiisimos bicos e apertas virtuais porque sí, porque sempre presta!
Podedes tamén enviarnos unha mensaxe privada se non tendes o seu contacto e argallamos xuntos/as unha sorpresa!!!! 💜
Comentarios
Publicar un comentario